
O Concello de Nigrán, dentro da súa programación especial polo “Mes Violeta” con motivo do 8-M, ofrece o vindeiro domingo 19 de marzo ás 17:00 horas no Auditorio Municipal a película “Valentina”, destinada a familias e público infantil. A entrada é de balde ata completarse o aforo. O filme de animación dirixido por Chelo Loureiro narra a historia dunha nena con síndrome de Down, Valentina, que quere ser trapecista pero cre que non poderá conseguilo. A súa avoa a anima a non perder a ilusión, igual que ela, que quere ser directora de orquestra a pesar da súa idade.