Nigrán inaugura unha escultura en homenaxe ao mundo do surf na praia de Prado

O Concello de Nigrán inaugurou este venres coa presenza do deputado provincial Santos Héctor, o alcalde, Juan González, e o edil de Deportes, Luis Sanromán, unha escultura en pedra dedicada ao mundo surfeiro xusto ao carón da praia de Prado (Priegue). A peza, que simula a un surfista collendo unha onda, foi realizada polo alumnado da Escola de Cantería da Deputación de Pontevedra ex profeso para este lugar a petición da Concellería de Deportes e está situada ao final da rúa Caranquexo, ante o propio areal. O obxectivo do Concello é render homenaxe a este deporte tan popular en Nigrán e a todas as persoas que o practican e que o introduciron en Galicia a través das praias de Patos e Prado nos anos 70.