
O Concello de Nigrán, dentro da programación do “Mes Violeta” con motivo do 8 de marzo, ofrece o 25 de marzo o escape room educativo “Escapa da Desigualdade” para o que é preciso inscribirse previamente a partir do xoves 16 de marzo (as persoas interesadas deberán remitir cuberto un formulario pendurado en http://www.nigran.es ao enderezo cim@nigran.org). As prazas repartiranse por rigorosa orde de inscrición, rematando o prazo o 21 de marzo ou cando se esgoten.
A actividade desenvolverase o sábado 25 de marzo no Auditorio Municipal en dúas quendas (10:30 e 12:00 horas). Poderán participar ata un máximo de 6 grupos en cada sesión de entre 4 e 6 persoas e con idades a partir dos 9 anos. Os participantes deberán resolver unha serie de probas relacionadas coa igualdade de xénero.