
O barrio de Prado, na parroquia gondomareña de Morgadáns, celebra esta fin de semana as festas na honra de San Xosé. O sábado 18 de marzo a orquestra Los Coleguitas e a discoteca móbil CDC amenizarán a verbena. O domingo día 19 a programación comezará ás 11:00 da mañá coas tradicionais poxas a cargo de Carlos Riveiro. Ás 13:00 horas celebrarase a Santa Misa seguida de procesión acompañada pola Banda de Música Unión de Guláns, que ofrecerá un concerto ás 21:00 horas. A continuación actuará o trío musical La Noche del Grove. O torreiro estará cuberto por unha carpa.