Curso de auxiliar de comercio e reposición dirixido a desempregados en Nigrán

O Concello de Nigrán colabora coa Fundación Érguete a través do Programa Emprego Inclusivo para realizar do 23 de abril o 26 de xuño no Centro Antena (rúa Otero Pedrayo) un curso de “Auxiliar de Comercio e Reposición” de 190 horas con prácticas en empresas, dirixido a persoas en situación de desemprego. Para información e/ou inscricións sobre o curso pódese chamar ao 986 253176 ou contactar a través do correo electrónico incorpora@fundacionerguete.org.