O II Trofeo Concello de Nigrán entre Valinox Novás e Cisne celébrase finalmente este mércores

Finalmente, o Valinox Novás de O Rosal (División de Honra Prata) e Cisne de Pontevedra (Asobal) disputarán este mércores 15 de marzo no Pavillón Municipal de Panxón ás 20:30 horas o II Trofeo Concello de Nigrán, sendo a entrada de balde. O evento tivo que ser suspendido o pasado venres para evitar lesións ante os problemas de condensación que afectaban á pista provocando que, ante a humidade, os xogadores esvarasen. O obxectivo deste evento é promover este deporte nunha comarca onde actualmente non existe ningún club de balonmán e, por outra banda, funcionará como preparatorio para a 2ª Fase de Ascenso na que está inmerso o Valinox Novás.

Na década dos 70-80 existían equipos nos tres concellos que conforman o Val Miñor, mentres que na actualidade non sobrevive ningún. De feito, O Novás Valinox naceu no 1974, no mesmo ano que o Club Dunas desaparecido na década dos 80. Sen embargo, mentres os clubs do Miñor, Oia e Tomiño foron desaparecendo por completo, o Valiñox Novás foi acadando éxitos e medrando no Rosal ata conquerir equipos en categorías de pre-benxamín a sénior con máis de 100 licencias federativas.