A Garda Civil detén a dúas persoas e investiga a outras tres por estafa, lesións e ameazas

A Garda Civil de Tui, durante o pasado mes de febreiro detén a dúas persoas e investiga a outros tres, todos eles veciños do Rosal e Vigo, e con idades comprendidas entre os 47 e os 69 anos, por delitos de estafa, lesións e ameazas. A estafa iníciase ao adquirir un deles unha motocicleta, para posteriormente denunciar a súa subtracción co obxecto de cobrar a indemnización da compañía aseguradora por un importe de 22.144 euros.

A trama destápase cando o que recibe a indemnización, trata de quedar con parte do diñeiro obtido. Como represalia é ameazado e agredido polos outros. Instrúense dilixencias por parte do Equipo de Investigación (EBIO) da Garda Civil de Tui, as cales se remiten ao Xulgado de Garda de Tui, quedando en liberdade os dous detidos a espera de ser citados pola autoridade xudicial.