
O Posto da Garda Civil de Baiona-Nigrán, procedeu á detención dun home e unha muller pola comisión de catro delitos de roubo con forza en interior de vehículos, un roubo con forza nunha vivenda e un delito de furto.
Ábrese unha investigación pola comisión de varios roubos en interior de vehículos estacionados nun carreiro que está situado no espazo natural de Monteferro (Nigrán), que se inician desde mediados do mes de febreiro, onde forzan e fracturan a xanela do copiloto, e desde aí acceden ao interior dos vehículos, onde subtraen os efectos de valor. (Lentes de sol, diñeiro en efectivo, dispositivos electrónicos, etc…).
A uns metros de onde se cometen estes feitos, ten lugar un roubo con escalo nunha vivenda, o cal se suma a esta investigación. A Garda Civil mediante varias pescudas relaciona a estas mesmas persoas co roubo en vivenda.
Ambos son detidos, tras ser sorprendidos cando tentan roubar no vehículo oficial camuflado.
Os detidos, de 36 e 37 anos, foron postos en liberdade en sede policial, teñen domicilio en Vigo, manifestan ser parella sentimental e os dous teñen antecedentes policiais por feitos similares.
As dilixencias son remitidas ao Xulgado de Instrución número 1 de Vigo.