Concentración na Ramallosa polo Día Internacional da Muller

Este mércores día 8 de marzo conmemórase o Día Internacional da Muller. Aínda queda moito por facer para acadar a igualdade entre mulleres e homes. A concentración, convocada polos colectivos feministas do Val Miñor, será ás 12:30 na Ramallosa. Este ano non se farán as marchas dende os Concellos, concentraranse na Ramallosa. “Temos que continuar berrando e clamando contra a violencia machista, contra os feminicidios, contra o machismo e o patriarcado, que aínda permanecen moi vivas na nosa sociedade. Nin unha vítima máis, o machismo mata! Querémonos vivas, libres, iguais e respectadas!”, sinalan as organizadoras.