Nigrán abre a inscrición para unha excursión de maiores a Portugal

O Concello de Nigrán, dentro do seu programa de turismo social para a veciñanza da terceira idade, abre a inscrición este luns 6 de marzo de 9:00 a 14:00 na Oficina de Turismo de Panxón para unha excursión a Portugal o domingo 12 de marzo. Esta inclúe unha visita en Sangalhosá á bodega “Museo Aliança Underground” con degustación incluída, a continuación comida en restaurante do típico “bacalhau ao forno” e, xa pola tarde, visita ao santuario Noso Senhor da Pedra. O regreso será aproximadamente ás 20:00 horas. O prezo, co transporte, comida e entradas incluídas, é de 30 €/persoa. Está destinado a persoas xubiladas empadroadas en Nigrán e a inscrición será por rigorosa orde de chegada.