
A Concelleira de Igualdade Yasmina Moreira Costas informa que nesta edición da Arribada instalarase na Glorieta de Colón a “Caravana Morada” o sábado 4 de marzo en horario de apertura de 18:00 a 2:00 horas e o domingo, día 5 de marzo, de 12:00 a 20:00 horas.
A caravana do Punto Lila estará atendida por un equipo técnico especializado en previr e orientar na loita contra a violencia de xénero, integrado por dúas profesionais expertas en violencia de xénero: unha psicóloga especializada en xénero e criminoloxía e unha educadora social/axente de igualdade. Ambas asistirán e asesorarán ás mulleres que así o necesiten e informarán sobre os recursos dispoñibles a nivel local, comarcal, autonómico e nacional.
O obxectivo do Punto Lila é por unha banda concienciar e visibilizar o compromiso social e rexeitamento comunitario das violencias informando sobre os recursos dispoñibles contra a violencia de xénero e por outra parte ofrecer atención técnica, psicolóxica e de coordinación. O Punto Lila “Caravana Morada” está financiado con cargo aos créditos recibidos do Ministerio de Igualdade a través da Secretaría de Estado de Igualdade e contra a Violencia de Xénero.