
Un ano máis o CPI Plurilingüe Arquitecto Palacios e a EEI As Dunas de Panxón quixeron festexar o Entroido. Logo deste tempo de pandemia onde tiveron que deixar a un lado todas estas actividades quixeron retomar unha das súas tradicións, saír á rúa en comparsa. Para iso coa axuda dos pais fixeron unha carroza que consistiu nun gran cubo de rubik cunhas ruletas xiratorias.
Tanto un como outro este ano disfrazáronse en base ao Proxecto da Biblioteca. O CPI Plurilingüe Arquitecto Palacios tivo como temática o “ABJ”, aprendizaxe en base a xogos, mentres que o alumnado de Dunas aproveitou o seu proxecto “SAUDABLEMENTE” para realizar os seus disfraces. A rúa encheuse por un día de pezas de xogos como parchís, tres en raia, cartas de póker, dominó, quen é quen, pacman, xadrez, damas, xogo do twister, vexetais, froitas, etc.
Alumnado e familias desfrutaron dun paseo pola rúa Jesús Espinosa ata encontrarse co alumnado da EEI As Dunas, para xuntos baixar ao paseo da praia. Logo do paseo os rapaces e rapazas puideron desfrutar dunhas ricas sobremesas de Entroido levados polas familias ao centro.