
“Unha comparsa pouco corrente” da Asociación Carnavales de Mañufe gañou o segundo premio do concurso de comparsas e carrozas do Entroido de Vigo. Os gondomareños obtiveron 370 puntos e recibirán 2.500 euros. “Moulin Rouge” de LDanzia, tamén de Gondomar, conseguiu un dos sete accésits, dotados con mil euros cada un, con 331 puntos. As 17 comparsas que non resultaron premiadas recibirán 235 euros en compensación polos gastos de desprazamento. O resultado do concurso obtívose da suma de todas as puntuacións individuais dos membros do xurado.