Nigrán ofrece un curso de manexo de aplicacións móbiles para maiores

O Concello de Nigrán ofrece do 28 de febreiro ao 18 de abril no Local Social de Vilameán un obradoiro para aprender a manexar aplicacións móbiles destinado a xubilados empadroados no municipio e será impartido por María José Parada Santoro, profesora xubilada. O curso, que se desenvolverá os martes de 11:00 a 12:30 horas, é gratuíto e prestará especial atención ao uso da aplicación do “Sergas Móbil”, ao almacenamento de imaxes e ás posibilidades doutras apps. A inscrición debe facerse presencialmente este venres 24 de febreiro na Oficina de Información do Concello de 9:00 a 12:00 horas e as prazas distribuiranse por rigorosa orde de chegada (consta inicialmente de 10 prazas pero se hai demanda se organizarán máis obradoiros). Para participar é preciso acudir con un smartphone cargado de batería.

“Moitos maiores séntense moi inseguros á hora de empregar o móbil, polo que este curso busca que se atopen cómodos á hora, por exemplo, de pedir unha cita médica a través da app do Sergas”, explica o alcalde, Juan González, sobre esta iniciativa da Concellería de Maiores que dirixe a edil María Mayán. “Non son nativos dixitais e moitos precisan formación práctica ao respecto, especialmente agora que se van retirar as tradicionais cartillas bancarias, e este tipo de cursos son moi útiles porque lles pode facilitar moito o seu día a día”, resume Mayán.