
El Rincón de Nubia (Avda. Elduayen, baixo, Nº 19) acollerá este venres 24 de febreiro ás 19:00 horas a presentación da primeira novela de Teresa Chamorro, “El día que fui julgada”. A autora, enfermeira de Panxón, animouse a escribir a obra durante o confinamento. Trátase dunha historia policíaca e cargada de suspense, ambientada na súa localidade natal e outros puntos da comarca miñorana. O acto estará presentado por Samuel Ferro, autor de “Tierra de Leyenda: El Legado de Bregogán”. Ao finalizar haberá unha charla literaria entre os autores.