Gondomar pecha o Entroido con verbena e a queima do Meco

O Concello de Gondomar pechou este martes a súa programación de Entroido cunha Gran Verbena e a queima do Meco. A Orquestra “La Fórmula” amenizou unha noite na que o Meco pasou a mellor vida, aínda que indultando á Casa Consistorial. Trátase da primeira vez que este elemento chega ao Entroido de Gondomar. A escultura efémera que estivo instalada na Praza Paradela ata este mesmo martes, antes de ser queimada durante a celebración da verbena na Praza de San Bieito, representaba diferentes elementos entre os que se atopaba o edificio do propio Concello, que foi indultado, simbolizando estar ameazados polas inundacións e as enchentes do río.