
O Concello de Nigrán apraza o tradicional concurso de comparsas previsto para este sábado 18 ao venres 24 de febreiro ante a nova do falecemento hoxe de Javier Martínez Giráldez pescando en Monteferro, veciño de Parada moi coñecido en todo o municipio. Esta parroquia, a través do Centro Cultural Parada do Miñor, é a organizadora do enterro do kiko e a única que se presenta ano tras ano ao concurso de comparsas do municipio.
“Era unha persoa moi coñecida e querida na parroquia e preferimos aprazar o certame como sinal de respecto á súa familia, achegados e á propia comparsa do Centro Cultural Parada do Miñor, onde era moi apreciado”, explica o alcalde, Juan González.