
O vindeiro domingo, 19 de febreiro, o Concello de Baiona, a través da Concellería de Deportes, e o recentemente creado club local Baiona Conquerors, organizan no campo de fútbol “O Aral” o seu primeiro Torneo Sénior de Flag Football (Fútbol Americano sen contacto). De carácter amigable, esta competición contará coa participación de Santiago Black-Ravens, Canteiros de Pontevedra, Hammers Academy de Porto e os propios Baiona Conquerors. O estadio abrirá as súas portas ás 14:00 e a entrada será gratuíta.