Ovalmi prepara a 16ª Feira de Oportunidades “Portobelo” en Gondomar

A Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor -OVALMI- e o Concello de Gondomar están a organizar a 16ª Feira de Oportunidades do Val Miñor, “Portobelo”, que se celebrará o vindeiro domingo día 5 de marzo na Praza Paradela.

Dita Feira de carácter multisectorial, celébrase coa finalidade de promocionar os comercios da comarca, reforzar o contacto cos clientes habituais, xerar outros novos, así como liquidar stocks dos establecementos.

Os interesados en participar ou en máis información sobre o evento, poden poñerse en contacto coa Asociación OVALMI no teléfono 986 36 67 30 ou no correo asociacion@ovalmi.com antes do 27 de febreiro.