O PP de Nigrán reclama o asfaltado da rúa Tarela

A candidata do Partido Popular de Nigrán, María José Pino, denuncia que o alcalde socialista, Juan González, non fai caso das distintas solicitudes dos veciños da rúa Tarela. “Desde hai varios anos distintos veciños solicitan o asfaltado e reparación do saneamento na rúa Tarela, hai dous meses aproximadamente o alcalde iniciou as obras onde mandou asfaltar medio Nigrán, empezou a operación asfalto”, di a candidata. “Os veciños teñen que pasar cos seus coches, con moito coidado, xa que está toda chea de fochas”.