
O Concello de Nigrán, a petición de veciñanza de Panxón, organiza este venres 10 de febreiro ás 17:00 horas unha limpeza na Praia da Madorra a cargo do voluntariado ambiental que desexe participar. Esta demorarase durante 1,5 horas. Para sumarse tan só é preciso acudir ao lugar con roupa e calzado axeitado.