
A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Val Miñor, que forma parte de SOS Sanidade Pública, adhírese á convocatoria da manifestación en defensa e mellora da Sanidade Pública que, baixo o lema de “Queremos a nosa Atención Primaria!”, vai ter lugar o vindeiro domingo 12 de febreiro, con saída ás 12:00 horas desde a Alameda de Santiago de Compostela.
E porque sobran os motivos convidan á cidadanía do Val Miñor a participar masivamente nesta mobilización. “A presión social é a única forma de facer desistir ao goberno da Xunta das súas intencións de recortar a Atención Primaria. De nós depende!”, sinalan.
Haberá autobuses gratuítos para asistir á manifestación en Santiago. Teléfonos de contacto para reserva de prazas:
- Baiona 620961615.
- Gondomar 609587851.
- Nigrán 660083984.