
O alcalde de Nigrán, Juan González, acudiu este venres á presentación do “Photo Press-Book 1991-2021-30 Aniversario do Patos Surf Club”, libro que resume a traxectoria desta entidade deportiva senlleira en Galicia nun total de 360 páxinas con 1.300 fotos e máis de 164 artigos de prensa. “Este libro resume parte da Historia de Nigrán, porque Patos e o seu ambiente cosmopolita e de liberdade é así grazas precisamente ao surf, este é un lugar diferente en Nigrán que aínda conserva o seu lado salvaxe”, explicou o rexedor, quen reiterou o compromiso do Concello de Nigrán de apoio a esta práctica deportiva.
“En el propio libro se puede apreciar como en los años 90 las fotografías escaseaban y no eran de calidad mientras que a partir de los 2000 es más sencillo retratar a surfistas. El libro no retrata estrictamente la Historia del surf local pero sí una parte muy importante de ella a través del club y su evolución”, explicou Pedro Novalbos, presidente desta entidade que, segundo apuntou durante a presentación no Beach House o presidente da Federación Galega de Surf, Román Díez, atópase entre os tres clubs máis antigos de Galicia. “Sen Patos Surf non habería nin Federación nin seguramente escolas en Nigrán”, engadiu Díez.
No acto interveu tamén Mercedes Cela, presidenta de Honra, quen recordou as dificultades e complexidades que afrontaban nos anos 90 fronte á actualidade, cando xa é un deporte moi popular. O libro pódese atopar na sede do Patos Club, no Beach House ou na tenda Novalbos en Vigo.