
O Concello de Nigrán informa que a Deputación abriu este martes, 31 de xaneiro, o prazo para participar no programa Depo Aventura A Lanzada, e rematará o 27 de febreiro (20 días hábiles). O programa, destinado á mocidade pontevedresa nada entre 2010 e 2015, se desenvolverá nas instalacións do Centro de Vacacións da Lanzada, entre o 25 de xuño e o 9 de setembro, en 11 quendas de sete días de duración cada unha.
Baixo o nome “A Lanzada, un paseo pola historia” a Deputación ofrecerá un programa de actividades destinadas a favorecer a igualdade de xénero, a inclusión, o aprendizaxe de lingua inglesa, o arte, a cultura, a ciencia, o deporte, a inclusión, a lingua de signos, o respecto e coñecemento da natureza e a dinamización da contorna.
As solicitudes se presentarán preferiblemente por vía electrónica a través do formulario dispoñible na Sede electrónica da Deputación de Pontevedra, https://sede.depo.gal. Opcionalmente, poderán presentarse as solicitudes presencialmente e nos lugares e rexistros establecidos pola Deputación.