Buscan a un home de 48 anos desaparecido en Gondomar desde o pasado xoves

A Garda Civil busca a un home de 48 anos de idade desaparecido en Gondomar desde o pasado xoves, día 19 de xaneiro. A familia puxo unha denuncia ante a Garda Civil e solicita axuda para dar co seu paradoiro. Albano Manso Núñez, veciño de Couso, ten unha estatura de 1,70 metros, complexión normal, pelo rapado, barba, lentes graduadas de pasta, pantalón gris cinza, cazadora verde e gorra.

A partir de mañá xoves comezarán as batidas voluntarias para a súa procura. Haberá dúas quedadas, unha ás 10:00 e outra ás 14:00 horas, con saída desde o Centro Cultural de Couso, xunto á Igrexa de San Cristovo. Agradécese de antemán a toda a xente que poida prestar a súa axuda.

Se alguén ten información sobre el, pode poñerse en contacto cos servizos de emerxencias a través dos números 642 650 775 ó 649 952 957, ademais de en o correo electrónico info@sosdesaparecidos.es.