Gondomar abre o prazo de inscrición para o Desfile de Comparsas do Entroido 2023

O Concello de Gondomar organiza un ano máis o tradicional Desfile de Entroido. Este evento de gran relevancia e atractivo turístico no territorio quere seguir afianzándose como evento de referencia no Val Miñor e no resto de concellos limítrofes. Como na edición anterior o desfile de Entroido non contará con concurso como tal, iso quere dicir que todos os participantes levarán unha contía económica. Este ano o Desfile de Entroido en Gondomar levarase a cabo como xa é tradición durante a xornada do domingo 19 de febreiro, coincidindo coas propias datas do Entroido, sempre que a climatoloxía o permita. A data alternativa que se propón, en caso de choiva, será o martes 21 de febreiro, e no último caso de que ese día tampouco fose posible, o sábado 25 de febreiro sería a ultima data para a celebración. O horario de comezo do Desfile de Entroido será ás 16:30 horas.

A participación está aberta a todas as asociacións veciñais, culturais, xuvenís, deportivas, grupos, colexios, etc. que presenten comparsa. Terán preferencia para participar, as comparsas do Concello de Gondomar, e posteriormente as do Val Miñor. As comparsas deberán estar formadas por un mínimo de 20 compoñentes. O número máximo de comparsas inscritas será de 12, cun mínimo de 6 e ata un máximo de 5 convidadas. As carrozas participantes no desfile non poderán exceder os 8 metros de longo, 3.50 metros de ancho e 4.50 metros de alto, sen contar o vehículo a motor que as arrastre. Non serán admitidas as comparsas con animais vivos. Calquera cuestión ou dúbida será resolta polos departamentos de Cultura ou Turismo no email cultura@concellodegondomar.gal ou nos teléfonos 986.38.40.20/658.540.991 de luns a venres de 8:00 a 15:00 horas.

Poderán presentar a inscrición no desfile de Entroido de Gondomar todas aquelas agrupacións informais ou rexistradas. As inscricións faranse mediante as oficinas de Rexistro Xeral (de luns a venres de 8:00 a 14:00 horas) ou mediante Sede Electrónica (obrigatorio para as agrupacións rexistradas ou asociacións) antes do día 13 de febreiro ás 23:59 horas seguindo o ANEXO I de inscrición. Non se aceptará ningunha solicitude fora de prazo. O Concello de Gondomar establece as seguintes modalidades dentro das agrupacións inscritas:

  • COMPARSAS DE 20 A 40 COMPOÑENTES SEN CARROZA: 300€
  • COMPARSAS DE 41 A 60 COMPOÑENTES SEN CARROZA: 350€
  • COMPARSAS DE 61 A 80 COMPOÑENTES SEN CARROZA: 400€
  • COMPARSAS DE MAIS DE 81 COMPOÑENTES SEN CARROZA: 450€
  • COMPARSAS DE 20 A 40 COMPOÑENTES + 1 CARROZA: 450€
  • COMPARSAS DE 41 A 60 COMPOÑENTES + 1 CARROZA: 500€
  • COMPARSAS DE 61 A 80 OMPOÑENTES + 1 CARROZA: 550€
  • COMPARSAS DE MAIS DE 81 COMPOÑENTES + 1 CARROZA: 600€

Cada carroza a maiores axudarase economicamente con 100€.

DESCARGA DE DOCUMENTOS: