O Concello de Gondomar aconsella retirar os vehículos das zonas inundables

Debido ás fortes choivas caídas, a subida da marea e as previsións para as próximas horas, desde o Concello de Gondomar piden a máxima colaboración e a retirada de vehículos de zonas inundables, ante o posible desbordamento dos leitos dos ríos Miñor e Zamáns.