Baiona entrega os Diplomas do Certame de Micro-beléns e Belén familiar en domicilio particular

O Multiusos Mercado de Sabarís acolleu o sábado 7 de xaneiro ás 12:00 horas o acto de entrega dos diplomas ás persoas gañadoras do Certame de Micro-beléns e do Belén familiar en domicilio particular organizado pola Asociación de Empresarios Coemsa de Sabarís en colaboración coa Concellería de Cultura do Concello de Baiona.

Na categoría de micro-belén máis orixinal resultou gañadora a Familia Ferreiro, mentres que na categoría de micro-belén máis laborioso resultou gañador o Centro de Día Aprehendo de Gondomar. Respecto ao premio ao micro-belén máis popular, tivo como resultado gañador a José Ángel González Goce.

Este certame compleméntase coa categoría Belén familiar en domicilio particular do que resultou gañador José Dacosta Martínez. A finalidade deste certame foi a de potenciar as artes plásticas e as manualidades, incentivar a creatividade, así como conservar as tradicións e fomentar as actividades en familia.

Belén de José Dacosta Martínez.