A Cabalgata de Reis percorrerá as principais rúas de Gondomar

As Súas Maxestades de Oriente, Melchor, Gaspar e Baltasar, chegarán a Gondomar o vindeiro xoves 5 de xaneiro, acompañados do seu séquito, e a partir das 17:30 horas percorrerán as principais rúas da Vila Condal para repartir caramelos e ilusión a todos os nenos e nenas. Unha vez rematado o seu percorrido, terá lugar na Praza Paradela a recepción oficial a cargo do alcalde. Percorrerá a Avenida das Gaiandas, Avenida da Feira, Avenida Elduayen, Rúa Rosalía de Castro, Rúa Otero Pedrayo, Rúa Ángel Urzáiz, Rúa Manuel Losada, Rúa San Bieito, Rúa As Pereiras e Avenida Conde de Gondomar ata rematar na Praza Paradela.