Os Reis Magos volverán visitar as parroquias de Baiona antes da Cabalgata

Achégase unha das datas máis especiais para os máis pequenos e pequenas da casa: a visita dos Reis Magos. As Súas Maxestades de Oriente farán unha serie de paradas un día antes, mércores 4 de xaneiro, nas parroquias de Baiona: Baredo (Cruceiro en Barrio Cancelo) de 17:00 a 18:00 horas; Fontes-Baíña (rotonda CEIP de Fontes-Baíña) de 19:00 a 20:00 horas; Belesar (explanada CEIP de Belesar) de 17:00 a 18:00 horas; e Sabarís (Praza Victoria Cadaval) de 19:00 a 20:00 horas. O xoves 5 de xaneiro, sairá ás 17:30 horas desde Sabarís a Cabalgata de Reis para percorrer as principais rúas de Baiona.