Nigrán recibe ao Carteiro Real na Alameda da Ramallosa

O Concello de Nigrán recibirá ao Carteiro Real o 3 e 4 de xaneiro de 11:00 a 13:00 horas na “Casiña de Chocolate”, axeitada para a ocasión na Alameda de A Ramallosa. O obxectivo é que os nenos poidan entregar persoalmente as súas cartas e/ou trasladarlles de viva voz as súas peticións, ao tempo que se fotografan. Pola súa banda, en horario de tarde (17:30 a 19:30 horas) o Centro Comercial Ramallosa recibirá ao Carteiro Real de As Súas Maxestades de Oriente o 3 e 4 de xaneiro.