Noiteboa pasada por auga en Gondomar

O desbordamento dos ríos que pasan polo centro de Gondomar volveu a provocar inundacións. As augas do Miñor e do Zamáns asolagaron esta Noiteboa a rúa Cotro, a Avda. Conde de Gondomar, o Parque de As Ánimas, a contorna da Praza de Abastos e do antigo matadoiro municipal, as pistas deportivas de As Cercas, A Coelleira e o CDL. Víronse afectados o Centro de Saúde, garaxes e locais. A auga tamén cubriu parte dos vehículos que se atopaban estacionados nestas zonas.