Solaina inaugura a primeira presentación de libro en Nasas Nigrán

Cun encadre diferente e orixinal, a revolución artística Solaina Val Miñor, como así lles chaman pola súa galopante traxectoria, inauguraba este xoves a primeira presentación de libro no centro comercial Nasas Nigrán, na bocatería Lalos. Solaina, que realizou o pasado domingo un contacontos moi especial na fábrica de cervexa Trisk-Ale/Banda, foxe da contorna convencional de biblioteca e auditorio arriscando coa presentación do seu libro cunha proposta lúdica na contorna da bocatería local.

“Dedas” é un álbum ilustrado, didáctico e evolutivo que crece a través de dous libros da comarca do Val Miñor: “Un paseo por Nigrán” e “Un paseo por Baiona”. Ambos conteñen roteiros cun código QR e actividades para xogar en familia. O seu próximo proxecto xa en marcha, “Un paseo por Gondomar”, espérase para o mes de marzo. De igual modo, o pasaporte literario “Garatuxas do Val Miñor” estará dispoñible a principios do próximo ano para todas as nenas e nenos do Val Miñor co fin de promover a lectura e o uso da nosa lingua nos máis peques da casa.