Nigrán programa o luns 26 un pasarrúas da Rondalla de Santiago de Parada

O Concello de Nigrán e o C.C.R. Parada do Miñor ofrecen o luns 26 de decembro desde as 16:00 horas un pasarrúas da Rondalla de Santiago de Parada con saída desde o Concello ás 16:00 horas e percorrido por Nigrán, Panxón Praia América e Ramallosa. A previsión de choiva o sábado 24, cando tradicionalmente se fai, obriga a aprazalo ata este día.