Nigrán recibe a Papá Noel e ao Carteiro Real

O Concello de Nigrán recibirá a Papá Noel o 23 e 24 de decembro e ao Carteiro Real o 3 e 4 de xaneiro, en ambos casos de 11:00 a 13:00 horas na “Casiña de Chocolate” axeitada para a ocasión na Alameda de A Ramallosa. O obxectivo é que os nenos poidan entregar persoalmente as súas cartas e/ou trasladarlles de viva voz as súas peticións, ao tempo que se fotografían. Como é habitual, en Chandebrito Papá Noel percorrerás as casas da parroquia o propio día 24. Pola súa banda, en horario de tarde (17:30 a 19:30 horas) o Centro Comercial Ramallosa recibirá a Santa Claus o 21, 22 e 23 e ao Carteiro Real de As Súas Maxestades de Oriente o 3 e 4 de xaneiro, mentres que o 26, 27, 28, 29 e 30 realizarán actividades para a rapazada.