Nigrán ofrece senllos obradoiros de manualidades para nenos de 7 a 14 anos

O Concello de Nigrán, dentro da súa programación especial de Nadal, ofrece o 26 e 27 de decembro no Auditorio Municipal senllos obradoiros de manualidades para nenos de 7 a 14 anos empadroados no municipio, sendo preciso inscribirse previamente a través do formulario web en http://www.nigran.es ao estar as prazas limitadas a unha ducia. A actividade destes dous días, dirixida por Nanda Misa, estenderase de 17:00 a 19:00 horas e consistirá na elaboración e pintado dun pequeno cachalote réplica de “Balmi” (a particularidade da escultura é que está realizada ao 100% con lixo aparecido nas nosas costas, por iso pretende ser un símbolo do compromiso de Nigrán coa sustentabilidade e o respecto medioambiental). O obxectivo do Concello é ofrecer ocio de calidade aos nenos ao tempo que se favorece a conciliación laboral e familiar durante as vacacións do Nadal.