
O Gondomar Club de Fútbol entregou o domingo a Medalla de Ouro ao Concello de Gondomar polo seu labor e o seu compromiso co deporte. O club recibiu a Medalla de Ouro do Concello en 2014 da man de Fernando Guitián, con motivo do seu centenario e meritoria traxectoria deportiva.
Alfonso Mandado, ex presidente do club e encargado de recibila no seu momento, foi tamén o encargado de entregala nesta ocasión a Paco Ferreira, Alcalde Gondomar, nun emotivo acto que daría paso ao partido do equipo Sénior.
O club agradece a asistencia da corporación municipal, a actual e a de outrora, a este momento tan especial e tan significativo nesta nova etapa certamente próspera da entidade. Tamén ás familias e a todos os asistentes polo seu apoio e o seu agarimo.