Broken Peach volve revolucionar o Nadal

A sociedade cambia. Tamén o fan os seus distintos canons artísticos, os cales se moldean en función dos consumidores. E o certo é que aqueles mozos que escoitaban aloucadamente grupos como Led Zeppelin, Deep Purple ou Bruce Springsteen, xa non son tan mozos; pero seguen demandando unha boa dose de sólida percusión e guitarras saturadas polas veas. Así que, por que non dar unha volta de porca á solemnidade habitual das panxoliñas e engadirlles un pouco máis de enerxía?

Esa é a máxima que desde hai anos aplican os vigueses Broken Peach. A mesma idea que lles levou a facer unha versión unha panxoliña como “It’s Beginning to Look a Lot Like Christmas”, converténdoo nunha peza que non só pódese cantar, senón tamén acompañar cun rítmico cabeceo. Este novo complemento para a banda sonora do Nadal foi presentado na súa exitosa canle de Youtube, onde congregan seguidores de todo o mundo; sendo o público norteamericano o máis numeroso. Súmase así á súa xa recorrida lista de reprodución coa que alegrar as festas dos máis pequenos sen traizoar os valores dunha vella alma rockeira.

Como é habitual nos vídeos publicados pola banda, volveron a elixir unha localización en Galicia. Trátase do Pazo de Libunca, en Narón. Nesta ligazón pódese atopar unha lista de reprodución de Spotify con todos os seus especiais de Nadal.

Broken Peach é unha banda viguesa de Rock&Soul fundada en 2010. Tras 12 anos de existencia visitaron todo tipo de escenarios: desde concertos privados, ata festivais internacionais, pasando por estudios de televisión ou eventos deportivos. A súa canle de Youtube ten máis de 240.000 subscritores e máis de 45 millóns de visualizacións en total. A súa estética grupal e extravagante adoita ser a “marca da casa” que lles caracteriza.