Ignacio Peixoto e Diego Camesella do club Peitieiros gañan o Torneo de Nadal por parellas de bolo celta

O Torneo de Nadal por parellas de bolo celta comezou o pasado día 15 de outubro e tras 11 xornadas nas que participaron un total de 38 parellas rematou onte pola tarde. A parella vencedora foi a formada por Ignacio Peixoto e Diego Camesella do club de bolos Peitieiros. A subcampioa do club de bolos Xunqueira formada por José Iglesias e Alberto González. A terceira clasificada do club de bolos Sobreiro formada por Diego Pérez e Manuel Iglesias. Os cuartos foron Javier Parada e Brais Alonso do club de bolos Belesar Urgal. Este torneo pon fin á tempada 2022. Dende a Federación Galega de Bolos queren desexarlles unhas felices festas de Nadal a todos os dirixentes, xogadores e afeccionados en xeral que forman a familia de bolo celta na comunidade Galega.