Concentración en Gondomar contra a eliminación de paradas de bus en Vigo

A Asemblea Veciñal polo Transporte convoca este sábado 17 de decembro, ás 11:30 horas na Praza da Paradela en Gondomar, unha concentración en contra da eliminación de paradas do transporte metropolitano en Vigo. Diante da posibilidade de que se pretenda suprimir paradas dos autobuses que trasladan de Gondomar a Vigo, con motivo da posta en funcionamento da nova estación intermodal, a Asemblea Veciñal polo Transporte convoca á veciñanza a actuar para evitalo.