Mercado de segunda man para nenos e adolescentes en Nigrán

O vindeiro sábado 17 de decembro terá lugar o mercado de segunda man no que nenos e mozos do Val Miñor poñerán o seu posto para vender os xoguetes e libros que xa non utilizan. Trátase de practicar habilidades sociais, matemáticas e potenciar a economía circular. Realizarase en A Tobeira Club de Tenis de 12:00 a 17:00 horas.