Nigrán ofrece o contacontos musical e visual “Morgan. Gardaxoguetes”

O Concello de Nigrán ofrece este sábado 17 de decembro ás 18:30 na Biblioteca Municipal o contacontos visual e musical “Morgan. Gardaxoguetes” coa presenza da súa autora, María de Ferreiro, e dúas colaboradoras, Adela Rial e Sonia Vilar. O libro Morgan Gardaxoguetes está dirixido a todas as persoas con cativada na casa que aínda cre na maxia. É un instrumento eficaz para axudar a quen lles custa ordenar os xoguetes. O libro presenta a primeira aventura de Morgan Land Star, a primeira Gardaxoguetes do mundo, unha fada que ensina aos nenos a recoller despois de xogar, senón pola noite, ela vainos levar. A esta fada máxica gústalle presentar o seu libro acompañada de música e cancións que fan a delicia de todo o público, grandes e peques. Ao remate da presentación, a autora María de Ferreiro adoita firmar exemplares do libro.