Éxito de participación e visitantes no Mercado de Nadal de Gondomar

Esta pasada fin de semana celebrouse en Gondomar o Mercado de Nadal. Foron 40 os postos que se instalaron para vender os seus produtos e centos e centos de persoas as que se achegaron á Praza Paradela durante estes dous días, tanto para mercar algún dos produtos á venda como para participar nas actividades complementarias que organizou o Concello.