A Rondalla da Asociación de Veciños “Galiñeiro” de Vincios celebra o seu 80 aniversario

Alá polo ano 1942, un grupo de veciños xuntáronse para formar o que hoxe chamamos a Rondalla da Asociación de Veciños “Galiñeiro” de Vincios, que anos máis tarde converteríase en gañadora de varios premios en certames. A Asociación de Veciños quere agradecer e convidar a todos os compoñentes que ano tras ano pasaron polas súas filas. Por iso, o vindeiro domingo 18 de decembro no Campo de Fútbol A Pasase a partir das 16:00 horas conmemorarase o 80 aniversario da Rondalla. Participarán tamén como convidadas as agrupacións de Santa Eulalia de Mos, Valladares, Mosteiro de Pexegueiro, Peña de Freixo, Nosa Merced de Chaín e Santiago de Parada.