Abre ao público o novo hipermercado Eroski Nigrán

O novo hipermercado Eroski Nigrán da compañía galega de distribución alimentaria Vegalsa-Eroski abre hoxe as súas portas ao público. Faio tras o acto de inauguración oficial da tenda, que tivo lugar onte no marco da inauguración do centro comercial Nasas Nigrán, e que contou coa presenza do alcalde do Concello de Nigrán, Juan Antonio González; o director xeral de Vegalsa-Eroski, Joaquín González; o director de supermercados e hipermercados Eroski, Florentino Vázquez, e o director xeral de López Real Investimentos 21, Antonio García.

Vegalsa-Eroski continúa así ampliando a súa rede comercial, que pasa a estar conformada por oito hipermercados -sete deles en Galicia e un na Comunidade de Castela e León-, sumando un total de 26.500 m2 de superficie comercial.

“Esta nova apertura supuxo un investimento de máis de 4 millóns de euros. Unha cifra que reflicte a aposta que facemos por prestar unha oferta comercial máis competitiva e ambiciosa que responda a todas as necesidades dos nosos clientes”, destacou o director xeral de Vegalsa-Eroski, Joaquín González, durante o acto de inauguración.

Cun horario de atención ao público ininterrompido de 9:00 a 22:00 horas, e emprazado no parque empresarial Porto do Molle da localidade de Nigrán, a atención ao cliente do hipermercado está cuberta por un equipo de 74 profesionais, dos cales 64 son de nova incorporación, froito da aposta da compañía pola xeración de emprego estable e de calidade. Os outros 10 postos corresponden a traslados de traballadores doutras tendas da compañía.

Aposta directa polo produto fresco e de proximidade

Coa apertura deste novo hipermercado, a empresa reforza o seu compromiso cos produtos frescos locais, a sustentabilidade e a atención personalizada nas seccións de carnicería, peixaría, froitería, charcutería e panadería. Ademais de contar con seccións de frescos con venda asistida, dispoñerá de servizos de valor como máquina de zume recentemente espremido, cortadora de pan e de bacallau, servizo a domicilio, compra en liña con opción de clic and drive, seis caixas rápidas con sistemas de auto-checkout, gasolineira cos mellores prezos e un aparcadoiro propio de 163 prazas cubertas dentro da área comercial Nasas Nigrán.

Os clientes poderán atopar neste centro 30.830 referencias de alimentación e no food nunha sala de vendas de 3.770 m2, dos cales 1.214 m2 estarán dedicados a produtos frescos, cociña lista para levar, conxelados e produto ecolóxico. Entre as características máis destacadas desta última sección, atópase a venda a granel de produtos como os legumes, cereais ou pastas destinadas a ofrecer aos clientes a posibilidade de realizar as súas compras o máis personalizadas posibles.

No que se refire á súa oferta de non alimentación, dispoñerá de sección de droguería e perfumería, bazar, librería, electrónica, auto, fogar, así como cunha sección diferenciada destinada a téxtil a través da marca propia MO.

Comida de calidade lista para levar ao alcance todos

Co obxectivo de ofrecer aos clientes solucións innovadoras acordes ás súas necesidades e estilo de vida actual, Velgasa-Eroski aposta neste novo establecemento pola súa sección Cociña, onde os consumidores poderán atopar pratos caseiros, saudables e a prezos competitivos elaborados con produtos de proximidade e de tempada.

Os clientes contarán cunha ampla variedade de produtos para diferentes ocasións ou necesidades, tanto para almorzo, comida, merenda ou cea. Ademais, poderán comprar os produtos para consumir no establecemento, que conta cun espazo específico con mesas, cadeiras e demais medios necesarios cun aforo de 50 persoas; ou tamén en formato take away para consumir fóra do hipermercado.

Esta proposta de valor como sección complétase cun equipo de 4 persoas, que ademais de preparar os pratos desde primeira hora tamén estarán dedicados a atender persoalmente aos clientes. De forma complementaria, tamén estará dispoñible a opción de libre servizo para ofrecer aos clientes un servizo flexible, áxil e cómodo.

O modelo comercial “Contigo”

Este novo hipermercado está adaptado ao modelo comercial “Contigo” que se caracteriza por ofrecer unha gama especialista en alimentos frescos, pola súa aposta polos produtos locais, a atención personalizada e o aforro na cesta da compra diaria co programa de fidelización EROSKI club.

No modelo “Contigo” están presentes tamén de forma transversal os compromisos de Vegalsa-Eroski co fomento da saúde e sustentabilidade, caracterizándose os seus establecementos polo seu atractivo comercial diferencial, por ser tendas de nova xeración e por unha relación próxima cos clientes.

Ademais, en liña coas tendas ecoeficientes da rede comercial de Vegalsa- Eroski, este novo hipermercado conta con medidas de eficiencia enerxética tanto en iluminación, coa instalación de luces led, como de climatización e frío nos murais e mostradores, a través da automatización e monitorización das instalacións. Todo iso permite unha xestión máis eficiente en toda a tenda, reducindo nun 35% o consumo enerxético e diminuíndo as emisións de CO2 respecto a unha instalación tradicional.

Á hora de realizar as súas compras, os clientes poderán utilizar as tarxetas Visa, 4B e Red 6000 así como a tarxeta de fidelidade Eroski Club e Eroski Club ORO coa que acumulan un desconto directo do 4% das súas compras.

Sobre Vegalsa-Eroski

Vegalsa-Eroski conta en Galicia, Asturias e Castela e León con 281 establecementos entre propios e franquiados baixo as marcas comerciais Hipermercados e Gasolineiras Eroski, Eroski/Center, Autoservizos Familia, Cash Record, Eroski/City, Aliprox e Rapid. A súa estrutura comercial en Galicia esténdese polas 4 provincias galegas e conta cunha moderna plataforma de mercadorías xerais, situada en Sigüeiro, A Coruña, dotada con tecnoloxías loxísticas de última xeración, ademais das plataformas de produtos frescos da Coruña e centros de redistribución en Vigo e Ourense. Pola súa banda, a división de Autoservizos Cash Récord de Vegalsa-Eroski conta cun mapa comercial composto por 18 centros distribuídos homoxéneamente entre Galicia e Asturias, con fáciles e rápidos accesos en áreas empresariais con boas comunicacións.