
O Cupón Diario da ONCE repartiu 70.000 euros en Baiona, en dous cupóns premiados con 35.000 euros no sorteo do luns, 28 de novembro.
O vendedor da ONCE Luciano Pulido Pérez é quen levou a sorte a Baiona, con estes 70.000 euros que repartiu desde algún os seus puntos de venda, situados na rúa Carabela La Pinta e no Mercado de Abastos de Baiona.
O cupón da ONCE do 28 de novembro, dedicado ao 25 aniversario da Fundación SGAE, tamén deixou premios en localidades da Rexión de Murcia, Cataluña, Andalucía, Euskadi e a Comunidade Valenciana.
O Cupón Diario da ONCE pon en xogo un premio de 500.000 euros ao número máis a serie, e 49 premios de 35.000 euros ás cinco cifras do número premiado. Ademais: 450 premios de 250 euros ás catro primeiras cifras e outros 450 premios ás catro últimas; 9.000 premios de 25 euros no caso de tres últimas ou tres primeiras; e o mesmo para as dúas primeiras e últimas (6 euros), e reintegro de 2 euros á primeira ou a última cifra do número premiado.
Os cupóns da ONCE comercialízanse polos máis de 19.000 vendedores e vendedoras da Organización. Ademais, pódense adquirir desde http://www.juegosonce.es, e en establecementos colaboradores autorizados.