Este xoves inaugúrase o centro comercial Nasas Nigrán

Este xoves inaugúrase no parque empresarial Porto do Molle, en Nigrán, o novo espazo comercial Nasas Nigrán, promovido polo Grupo Inmobiliario LR21, que ocupa 27.000m2 nos que se combina a oferta comercial con espazos lúdicos e de esparexemento.

Ao acto asistirá o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, o alcalde de Nigrán, Juan González, o delegado de Zona Franca de Vigo, David Regades, outras autoridades locais, responsables da empresa promotora Grupo Inmobiliario LR21 e invitados do sector empresarial da zona.

Nasas Nigrán abre as súas portas con 31 tendas. Hai que destacar que 9 delas son negocios locais que apostaron por emprazarse neste espazo comercial para potenciar a súa visibilidade.