O barrio de Nande en Mañufe celebra as festas de San Andrés

O barrio de Nande, na parroquia gondomareña de Mañufe, celebra as festas na honra de San Andrés. O martes 29 de novembro o trío Azar e a orquestra Saudade amenizarán a verbena. O mércores día 30 ás 10:00 da mañá, a Banda de Música Cultural de Arcade ofrecerá un pasarrúas polo centro de Gondomar. Ás 12:00 horas celebrarase a Misa Solemne na honra de San Andrés seguida de procesión acompañada pola citada Banda de Música, que ofrecerá un concerto ao finalizar. Pola noite, desde as 20:00 horas, a verbena estará amenizada pola orquestra Solara e o trío Xtra. Ademais, durante os dous días, entre as 23:00 e as 00:00 horas, faranse as poxas a cargo de Carlos Riveiro, coñecido por Carlos de Gondomar. O recinto de festas estará cuberto cunha gran carpa.