O baionés David González participa este sábado no Torneo Internacional de Barakaldo

22 galegos acudirán este sábado ao Torneo Internacional de Barakaldo e Copa Maider Unda, que terá lugar no Polideportivo de Gorostiza. Entre eles está o baionés David González Silva, do Club de Loita Sabarís, que competirá na categoría Sénior Libre Olímpica en 61 quilos.

Máis de 400 inscritos nun torneo que medra ano tras ano, da man da Federación Vasca de Loita. Galicia estará representada en gran medida polos deportistas bolsados no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra.