O CPI Cova Terreña pon en valor o papel da muller ao longo da historia da literatura

O Centro Público Integrado de Cova Terreña segue a promover o papel da muller en distintos ámbitos. Nesta ocasión, coa colaboración da profesora titular de Literatura Española da Universidade de Vigo, Dra. Montserrat Ribao Pereira, celebrouse a conferencia titulada “Con nombre propio, en femenino y singular: la literatura y la reivindicación de la dignidad de las mujeres”, na que se puxo en valor o papel da muller e a defensa da igualdade de xénero ao longo da historia da literatura e, máis concretamente, na obra narrativa de Emilia Pardo Bazán. A esta actividade formativa, encadrada no programa IGUÁLA-T, asistiron as alumnas e os alumnos de 3º e 4º da ESO, que puideron comprobar como existiron voces femininas na literatura que tiveron que cinguirse ás marxes establecidas pola situación política e da muller na sociedade pero que atoparon o camiño para facer oír a súa voz a través dos seus escritos.